domingo, 18 de marzo de 2018

Almorzos saudables en Marzo

Aproveitando a compra feita para a saída que realizaron a Lobios @s voluntari@s para axudar a recuperar o monte queimado, decidimos cambiar o menú dos almorzos saudables.

A semana pasada saboreamos uns sándwichs con queixo e peituga de pavo, acompañados dun vaso de leite, e froita de temporada, neste caso, mazá.

Os sándwichs fixémolos tostando o pan no forno, e engadíndolle despois o fiambre.

sábado, 10 de febreiro de 2018

Cócteles saudables na festa de Entroido

Este venres 9 de febreiro tivemos a festa de Entroido de 10:30h a 14:10h, e a temática elixida foi o Western.  Tivemos una festa con distintas actividades: no salón de actos, o "Saloon",  houbo talleres de pulseiras e chapas e concurso de lanzamento de ferradura e pulsos. Tamén tivemos un "photocall" de tipo "Wanted Alive or Dead" e unha "Cantina de bebidas e comida".

Como participación do noso proxecto na activiade, na "Cantina"  elaboramos cócteles saudables, sen alcol, mesturando zumes feitos no momento.

Velaí unha mostra dos "chupitos" feitos:
Para facer a actividade máis chamativa, aínda que os cócteles eran gratuitos, os alumnos e alumnas que quixeran tomar un, debía conseguir un "dollar" do Castro da Uz, isto é, un vale para canxealo. Para obter os vales, debían rematar unha das distintas probas e talleres organizados para este Entroido. O vale tiña esta apariencia:
A experiencia foi todo un éxito, e as bebidas acabáronse rápidamente.

domingo, 17 de decembro de 2017

Almorzos saudables

Todos os luns, no primeiro recreo, preparamos por grupos almorzos saudables: zume de laranxa e pan con aceite de oliva, acompañados con dous tipos de froitas de temporada.

Tanto o tipo de pan como a froita, ímolos variando cada semana. Degustaremos ao longo do curso, cinco tipos de pan: trigo, centeo, millo, integral e espelta, e froita de temporada: mandarina, mazá, plátano, pera, pexegos, etc.

Preparando os almorzos

domingo, 10 de decembro de 2017

Concurso fotográfico "Alimentación e Vida Saudable"

Por cuarto ano consecutivo, o noso instituto organiza un concurso de fotografía  aberto a toda a comunidad educativa.

A temática das fotografías será:"Alimentación e Vida Saudable". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formatoapaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción de hábitos saudables. Podes ver na web do instituto, nesta ligazón, os requisitos das fotografías a presentar.
Coas gañadoras elabórase o calendario do ano 2018.

Desde o 10 de outubro ao 17 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso.
O concurso está aberto a alumnos e alumnas, familias, profesores e PND.



xoves, 23 de novembro de 2017

Corre 1 Km diario

Todos os días, no segundo recreo, andamos ou corremos 1 km. Dependendo da climatoloxía, realizamos este quilómetro pola nosa alameda literaria (catro voltas) ou ben no pavillón se o tempo non acompaña (oito voltas).
Percorrido no pavillón

xoves, 16 de novembro de 2017

Estudo dos tipos de pan


En hábitos saudables, de segundo da ESO, elaboramos un estudo dos distintos tipos de pan, analizando os seus compoñentes e propiedades máis características.


domingo, 5 de novembro de 2017

Froita fresca nos recreos


Do Luns 6 ao Venres 17 de novembro o centro repartirá froita fresca ao alumnado durante os dous recreos.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, contribúe á unha mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable do alumnado dos centros escolares de Galicia, a través do programa Aliméntate ben. 

No marco do dito programa intégranse as accións da consellería que teñen como obxecto a incidencia nos hábitos alimenticios do alumnado dos centros escolares de Galicia. Desde o ano 2009 a Unión Europea, no marco da política agrícola común, conta co Plan de consumo de froita nas escolas destinado á distribución de froita e hortalizas nelas. O dito plan ten por obxectivo, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos na mocidade en virtude do seu aprovisionamento aos centros escolares e, a longo prazo, trata de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a manter ou a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita.