xoves, 23 de novembro de 2017

Corre 1 Km diario

Todos os días, no segundo recreo, andamos ou corremos 1 km. Dependendo da climatoloxía, realizamos este quilómetro pola nosa alameda literaria (catro voltas) ou ben no pavillón se o tempo non acompaña (oito voltas).
Percorrido no pavillón

Estudamos distintas alternativas para correr ou camiñar o km saudable. No centro contamos cunha bonita alameda literaria de árbores celtas, polo que pensamos que este sería un bo percorrido para o noso km diario. Coa axuda do teléfono móbil, calculamos a distancia percorrida en cada volta, aproximadamente 250 metros, polo que facendo catro voltas completas acadamos o obxectivo: percorrer 1  km.

Percorrido pola alameda

Percorrido pola alameda
Pero estamos en Galicia, e necesitábamos unha alternativa para os días en que as condicións atmosféricas non fosen favorables, polo que calculamos tamén a distancia que percorreríamos en cada volta ao pavillón. No pavillón, cada volta é a metade que na alameda, polo que temos que dar un total de 8 voltas.

Percorrido no pavillón

Percorrido no pavillón
Os tempos empregados para percorrer o km saudable son diferentes en función do ritmo que siga cada un de nós, pero varían entre 10-12 minutos para aqueles que o facemos andando, e .... para aqueles que o facemos correndo.